Raposa presenta "Un Amor" na Kominsky de Vigo
Varias Fechas
Rúa dos Irmandiños, 3, Vigo 36201, Pontevedra, Vigo
Unha incorrecta, e porén popular, interpretación etimolóxica do termo “amor” suxire a súa procedencia da unión das voces latinas “a”, traducida coma a preposición sen, e “mor”, contracción de “mortem”, doadamente trasladable a nosa lingua coma “morte”, revelando a palabra amor coma ausencia de morte ou, tal vez, eternidade.
O primeiro lanzamento discográfico do dúo Raposa rinde tributo a esta emoción temeraria que faculta ós nosos corazóns para encarar á morte e abrazar a eternidade. Un amor en todas as súas dimensións e rostros, amor fraternal, altruista, romántico, familiar... amor os demais e amor a nós mesmos.
Rumores de música tradicional, folclore, diálogos entre sonoridades latinoamericanas, lusas, gregas, a espontaneidade jazz, a sensibilidade do clásico, a estampa na memoria impresionista, a inmediatez do pop... Un Amor é toda unha viaxe chea de delicadeza e absoluta sumisión á melodía.
Este primeiro concerto presentación de “Un Amor” conta co fermoso violín de Elena Vázquez e as maravillosas percusións de Carlos Castro que elevan as pezas ata un océano de cores.
Preguntas relacionadas con Raposa presenta "Un Amor" na Kominsky de Vigo
¿En qué lugar se realiza el evento Raposa presenta \"Un Amor\" na Kominsky de Vigo?
El evento se realiza en Sala Kominsky en Vigo.